lunes, 18 de febrero de 2008

A RIA NON SE VENDE

A AS AGRESIÓNS NO LITORAL04-01-2007
Haz click para ampliar A RÍA NON SE VENDE
Ten quen a defende
ACTO REIVINDICATIVO CONTRA
AS AGRESIÓNS NO LITORAL
Venres 5 de Xaneiro ás 17:00
Na Praza da Estación do Tren de Vigo

A día de hoxe, a saúde da Ría de Vigo está sendo gravemente agredida e ameazada:
verquidos contaminantes, depuradoras deficitarias, recheos e dragados, planos de urbanización insostíbeis, portos deportivos sen control... que danan letalmente as praias e outros ecosistemas da Ría poñendo en grave perigo os seus recursos, a pesca e o marisqueo.

A RÍA NON SE VENDE
15 PONTOS NEGROS NA RÍA DE VIGO
(Desgrazadamente hai muitos máis)
1- Monteferro: o último espazo natural costeiro da banda sur da Ría de Vigo, xa moi deteriorado, vese ameazado desde o 2005 por un delirante proxecto de vial (auspiciado pola Alcaldía e Deputación coa conivencia da Comunidade de Montes) que circunvalaría todo o contorno, urbanizándoo con toda sorte de aparcadoiros, beirarrúas, muros de contención, miradoiros, etc.
En maio, presentáronse no concello 9.575 sinaturas contra esta actuación.
2- Canido: proxecto que pretende construír un inmenso porto deportivo que conlevaría un aterramento duns 30.000 m2.
3- Coruxo: depuradora do Lagares que constitúe un importante foco de contaminación no espazo natural da xunqueira e de toda a Ría. Estimase que depura só un 50% do que debería. Non depura os aceites, nen hai separación das augas industriais. O seu cheiro leva 10 anos perxudicando á veciñanza.
Proxecto da macrodepuradora para todo Vigo. Os seus efectos poden ser muito mais graves. A alternativa sería unha rede de pequenas depuradoras en todos os barrios.
4- Bouzas: proxecto de ampliación do macro-recheo en 80.500 m2. o que estrangularía a Ría e repercutiría na dinámica de correntes diminuíndo o fluxo de entrada das augas do océano que aportan nutrientes e limpan a Ría e reducindo o fluxo de saída das augas interiores que levan consigo contaminantes e augas doces dos ríos. Isto afectaría aos areeiros e a toda ecoloxía da Ría, sobre todo repercutirá na enseada San Simón, con menor renovación das augas.
Proxecto dunha praia artificial que pecharía a enseada artificial de Bouzas
5- Vigo: ampliación do peirao de cruceiros, sería un enorme alongamento, que xustifican co tráfego de cruceiros, mais que só é unha escusa para executar unha grande operación especulativa no que o proxecto estrela é a construción dun enorme aparcadoiro de barcos, chamado porto deportivo.
Urbanización da Laxe. A construción dun hotel e un aparcadoiro de carros no peirao ratifica a privatización de facto do litoral nas zonas supostamente cedidas aos cidadáns. Isto en vez de abrir Vigo ao mar é poñer novas barreiras.
6- Teis: a paisaxe de grande beleza do mar abrazando ao Monte de A Guía vese ameazada na actualidade pola afectación portuaria dalgunhas das súas praias. A privatización da costa da ETEA. A construción dun porto deportivo ilegal (Punta Lagoa) con un espigón de 235 m. e un recheo de mais de 27.000 m2, supuxo a destrución dun banco de navalla e longueirón.
Tamén hai edificacións ilegais de naves industriais e outras instalacións, Tránsito rodado ilegal polo cortalumes do Monte de A Guía, e deficiencias na depuradora.
7- Chapela: aterramentos e verquidos de Frioya, Pescanova e Aucosa.
8- Rande: recheos de Tranvías, Vieirasa, Ferymag e oleoduto de biodiesel que proxectan facer desde Salvaterra.
Enseada San Simón: espazo protexido a nivel europeo, corre graves riscos que ameazan o equilibrio do que fora unha rica zona de recursos e biodiversidade.
9- Redondela: depuradora deficitaria e proxecto da autovía que atravesa a vila.
10- Arcade: depuradora deficitaria e verquidos de Pontesa.
11- Vilaboa: Connorsa e depuradora deficitaria.
12 Domaio: ampliacións da zona portuaria deportiva e do parque acuícola de Loitamar ameazan con saturar e alterar mais o espazo e a dinámica mariña na zona ao que se suma a presenza das naves de conxelados de Fandicosta e o varadoiro de reparación de barcos no extremo de Rande ocupando territorio e contaminando con verquidos e acusticamente este espazo natural.
13- Moaña: depuradora municipal é deficitaria. Existen verquidos puntuais ao longo da costa moañesa e un colector submarino pola enseada de Meira que afecta á marisma e aos seus recursos marisqueiros.
Proxectos de urbanizacións nas fincas do Real e Concepción Arenal con torres de edificios incluídas, e o recen construído porto deportivo ameazan as únicas áreas verdes e patrimoniais de valor do litoral urbano.
No Monte de Ramil en Tirán especúlase con outra urbanización dentro dun area natural salvaxe. Estas urbanizacións están incluídas nun PXOM que prevé duplicar a edificabilidade do concello o que impactará negativamente no territorio e na xa agredida franxa costeira.
14- Cangas: lévase muitos anos preparando unha especulación sistemática e masiva, 5.000.000 m2 usurpados á veciñanza en Aldán e 200.000 m2 da antiga factoría de Massó son os "pelotazos" mais salientábeis, pero a "venda" de Cangas é aínda mais ambiciosa e pretende comezar co proxecto do porto deportivo no Salgueirón e a urbanización de luxo aparellada e asinada por Norman Foster.
Este ataque é un paso mais no desmantelamento da pesca de baixura e o marisqueo coa oferta dun utópico desenvolvemento turístico que non é mais que especulación encuberta.
A pesares das ilegalidades manifestas do proxecto, as administracións póñense do lado dos poderes económicos e só a resistencia veciñal impide a consumación dos feitos.
15- Cíes: proxéctase duplicar o tamaño do Porto de Rodas para fomentar o turismo
masivo no maltratado "Parque Nacional"
A.C. A Revolta, A.C. Caleidoskopio, Bouzas-móvete, Foro Social de Cangas, GAS, Luita Verde, OAR Redondela, Salvemos Monteferro, Verdegaia


>> Ampliar datos

No hay comentarios: