lunes, 25 de febrero de 2008

ALVAREZ

6-16 marzo 2007O proxecto Nos Camiños terá lugar no barrio de Cabral, Vigo, e consiste nunha intervenciónespecífica no espazo físico da antiga fábrica de Álvarez e nunha proposta aos cidadáns a cargo de María Lois e Carme Nogueira. Nela, incidirase dende un punto de vista artístico e teórico nas descricións dos camiños que unen o centro da cidade co barrio da fábrica, facendo fincapé no eixo do río Lagares como elemento configurador. Nos camiños non ten carácter invasivo, senón que trata de analizar/provocar dinámicas de uso máis que adornar ou solucionar conflitos. Aintervención artística consiste na instalación dunha maqueta do contorno inmediato da fábrica nun espazo que fora de uso público. Esta maqueta visibiliza as relacións rural/urbano e as transformación actuais da paisaxe pondo en primeiro termo a traseira da rúa principal (rúa Ramón Nieto), é dicir, a orixe rural do barrio. A maqueta ten como centro a fábrica reconstruída (neste momento arrasada) facendo unha metáfora moi literal, xa que ela foi o motor do barrio e a súa desaparición permite ese crecemento radial. Pero tratase duna maqueta non rematada, que se vai completar coas achegas dos vecinos.O centro identitario, físico e económico do barrio foi durante moito tempo a fábrica de porcelanas Álvarez, até o punto de poder dicir que o barrio se creou ao redor dela. Os equipamentos comunitarios (igrexa, supermercado, bloques de vivendas) estiveron dentro do recinto dafábrica ou apareceron vencellados a ela. Así como os tempos da vida económica estaban marcados pola súa sirena. Unha historia que pode trazarse nos camiños que foron durante moito tempo a unión dos concellos e barrios lindeiros coa fábrica. A intervención artística pretende recuperar temporalmente o uso comunitario da fábrica, moipresente na súa historia a pesar de ser unha propiedade privada. Esta descrición centrada nos camiños fala das formas da vida, os tránsitos, os usos e, ao mesmo tempo, expresa unha xerarquía entre o centro e as periferias, categorizando tamén as actividades a eles asociadas. Os camiños que articulan o barrio, aqueles que sustentaban a vida colectiva tenden a desaparecer, xunto coas actividades que os facían crecer ao tempo que se van consolidando as redes que levan ao centro.Unha cuestión que afecta tamén á paisaxe. No caso concreto do contexto físico de Álvarez, o rural que conviviu tanto tempo coa fábrica esta sea transformar nun típico rurubano vigués

No hay comentarios: