sábado, 16 de febrero de 2008

GEORGINA

Georgina é brasileira. Unha muller agarimosa, tenra, sempre sorrinte. O meu pai "faille propostas" porque ela ten 36 anos e el non é parvo.

Ela dille que hai moita diferencia de edade e que está casada, que seu home está en Brasil.........

El intenta convencela quitandose 30 anos dun plumazo e que si o home está no Brasil como o pode saber?

Mo conta morrendo da risa. Eu lle digo que é normal EL E UN HOME E TEN QUE BOTA-LO GANCHO, pero que de tódolos xeitos se ela un día di que si el MORRERIA DO SUSTO.

No hay comentarios: