"
Douscentos intelectuais celebran en Lalín o centenario de Laxeiro
Lalín ten varios sinónimos: o cocido, a moda e Laxeiro. Con estas palabras quixo salientar onte Xosé Crespo –alcalde da vila– a importancia de Laxeiro na comarca durante a celebración do centenario do seu nacemento. Preto de 200 persoas déronse cita para un acto no que participaron César Antonio Molina, Ánxela Bugallo, Uxía Senlle e Budiño
. MARÉ
Ánxela Bugallo, César Antonio Molina e Carlos Reigosa baixo a mirada de Laxeiro no acto de homenaxe ao pintor en LalínFOTO: X. ReyMáis de 200 intelectuais galegos congregáronse onte en Lalín para celebrar o centenario de Laxeiro, nun acto no que tamén reclamaron que a súa obra ocupe "o lugar que merece no ámbito cultural español e universal".
Coa asistencia do ministro e da conselleira de Cultura, César Antonio Molina e Ánxela Bugallo, respectivamente; do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; e do alcalde lalinés, Xosé Crespo, a homenaxe -moderada por Carlos G. Reigosa- contou así mesmo coa participación de xente que tratou a Laxeiro, como Isaac Díaz Pardo, Antón Lamazares, Luis Caruncho ou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares.
Durante toda a homenaxe sucedéronse palabras de eloxio para o pintor e para Lalín, "capital da pintura galega" segundo Caruncho. Non menos entusiasta foi Xosé Crespo, quen lembrou como a vila dezana encontrou en Laxeiro "o seu sinónimo", como o é tamén o "cocido" ou tantas outras "cousas como a moda, a música e o gando, que exportamos a todo o mundo".
Os últimos en intervir foron a conselleira e o ministro, que mantiveron unha discreta distancia -ao longo do acto: apenas se miraron a pesar de estaren sentados á par. Mentres Bugallo lembrou que a pintura de Laxeiro estaba feita co mesmo material do granito -cuarzo, feldespato e mica-, Molina cualificou ao artista dezano como "o artista galego por excelencia".
A homenaxe, que se pechou cun cocido, incluiu tamén a entrega do Premio Laxeiro ao poeta Carlos Oroza pola súa contribución e compromiso coa poesía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario