
A cuberta da rúa Pescadería reformarase para evitar filtracións da chovia, o impacto do vento e a forte calor
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo este luns unha reunión cos comerciantes, as ostreiras e os hosteleiros do Casco Vello para presentarlles o anteproxecto de reforma da rúa Pescadería. Na xuntanza, calificada polo tenente de alcalde de “tremendamente fructífera”, os propios afectados manifestaron as súas propostas de mellora, de xeito que o proxecto final levarase a cabo co consenso de Concello, comerciantes e ostreiras. “Trátase de non deseñar os proxectos dende os despachos, senón pensando na xente á que lle vai a afectar”, subliñou Santi Domínguez
No hay comentarios:
Publicar un comentario