A ría de Vigo estírase de suroeste a nordés, a xeito de lanza mariña que se vai estreitando a medida que camiñamos cara ao interior. Presenta, non obstante, unha acusada diferenza respecto doutras rías do sur de Galicia.
Mentres que as de Muros, Arousa ou Pontevedra se estreitan no seu fondo, a de Vigo faino en Rande, para volverse abrir de novo formando a enseada de San Simón, coa illa do seu nome unida á terra durante a baixamar por unha frecha de area.
Á entrada da ría de Vigo, a xeito de tres naves pétreas varadas no océano, atópanse as illas Cíes que, xunto ás illas de Ons, á illa de Sálvora, e á illa de Cortegada, forman o Parque Nacional das Illas Atlánticas.
As Cíes presentan formas diferenciadas de oeste a leste. Cara ao poñente aparece unha liña de costa brava, inaccesible, con impresionantes acantilados nos que se abriron numerosos entrantes e covas (furnas) e nos que aniña unha gran cantidade de fauna. Pola contra, cara ao interior da ría o relevo é máis suave, as pendentes son menores e iso propiciou a xénese de fermosas praias, nas que se mestura a area cos restos de cunchas
. É precisamente neste sector protexido onde se poden admirar interesantes mostras da flora atlántica, destacando a camariña.As Cíes, ás que poden acceder dende Vigo un número limitado de persoas, non só destacan polo seu interese natural, senón que, en certa medida, protexen a ría dos tormentosos temporais atlánticos, permitindo que numerosas bateas habiten as súas augas.
A ría de Vigo, debido á súa privilexiada localización, acubilla non só a cidade que lle dá nome, un dos mellores portos de Europa, senón outros lugares que atesouran unha longa historia; non se pode esquecer que a ría foi eixe comercial dende os tempos prehistóricos.
Dicía o viaxeiro G. Borrow que Vigo era a feliz combinación dunha baía "que non ten comparanza no mundo".
O desenvolvemento sufrido a partir de finais do século dezanove trouxo consigo a xénese dunha ampla infraestrutura industrial marítima -estaleiros, fábricas de conserva, porto pesqueiro, etc.- que a converteu na máis poboada de Galicia.
Conta con espléndidos parques, museos -contemporáneo, do mar, zoolóxico...- e praias.
Conserva a pequena e mariñeira zona vella do Berbés, en vías de rehabilitación, e o parque de Castrelos que é, sen dúbida, o máis fermoso parque urbano de Galicia. Neste recinto está situado o Pazo Museo de Quiñones de León, hoxe museo municipal.
Na marxe sur da ría de Vigo ábrese a enseada de Baiona, na que desemboca o río Miñor. Nos seus extremos atópanse os portos de Panxón e Baiona, enlazados polos areais da Ramallosa e Praia América. En Baiona, hoxe centro turístico de primeira orde, durante varias centurias concentrouse o comercio, ata que se produciu o desenvolvemento espectacular de Vigo. Foi centro mercantil moi importante durante a Idade Media e segue a ser un dos refuxios máis coñecidos e frecuentados polas embarcacións que bordean o litoral de Galicia.
En marzo de 1493, arribou á vila a carabela La Pinta, ao mando de Pinzón, e pilotada polo pontevedrés Sarmiento.
No seu interior hai igrexas fermosas, das que destaca a antiga colexiata.Na marxe setentrional da ría atópase Cangas, unha vila de forte impulso económico que aínda conserva o tipismo tradicional das súas rías e vellos costumes, o mesmo ca Moaña, outra fermosa estampa mariñeira.
Cara ao nordés, a ría estréitase en Rande, onde é atravesada pola autoestrada que une Vigo co norte de Galicia, gracias a unha espectacular ponte tensada, a xeito de gran batea, que se funde harmoniosamente coas que cobren a superficie mariña do seu contorno. Ao traspasar Rande atopámonos con Redondela, vila marcada polo ferrocarril e polas súas pontes de ferro.E, ao fondo da ría, aséntanse Ponte Sampaio, nome de resonancias liberadoras pola batalla que acabou co dominio francés en 1809, e Arcade, no seu tempo un dos viveiros de ostras de maior importancia en Europa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario