jueves, 13 de marzo de 2008

O PAXARIÑO


O paxariño partiu unha perna e, moi queixumeiro, o coitado, laiábase, "pio, pio! coa dor no medio da selva.

Ante tan amerceada choradeira acudiu outro paxaro e, vendo que non podía socorrelo con mellor cousa, amañou como pudo, un morisco de bosta, fixolle un goio no meio, e alí acobexou ao doente miñaxoia. ¡Carallo, polo menos niste abeiro, ainda que é de merda, estará quentiño!...

Mais, aínda que o noso coitado non tiña frío, as dores na perniña non podía aturalas e desafogándose cuns magoentos "pio, pios" moi recuncados. Un gato oiu as queixas e....¡guauuuuu!, papou o paxaro

ENSINANZAS

a) Non todos os que te mandan á merda, querente mal

b)Non todos os que te sacan da merda querente ben

c) cando te mires no medio da merda, non digas "nin pio"

1 comentario:

ines dijo...

Anónimo ha dejado un nuevo comentario en su entrada "O PAXARIÑO":

Reflexão prazeroza neste sítio, postagens como aqui vemos dão valor a quem aparecer neste blog :)
Dá muito mais de este web site, aos teus utilizadores.



Publicado por Anónimo para ines a las 16 de febrero de 2011 18:36

EU DIGO

MUITO OBRIGADA