jueves, 3 de abril de 2008
entrevista A SALUSTIANO MATO- REVISTA A NOSA TERRA
ENTREVISTA NO SEMANARIO A NOSA TERRA
Salustiano Mato: "O noso futuro non pasa por ser atractivos para empresas deslocalizadoras"
O semanario A Nosa Terra vén de publicar unha entrevista a Salustiano Mato, vicerreitor da Universidade de Vigo e coordinador da área de 'Desenvolvemento Sostible' do Foro Novo Estatuto. Reproducímola aquí polo seu interese:
- No seu relatorio aposta por un crecemento sustentábel. Como se concreta isto no articulado?
-Esta declaración de intencións concrétase en dúas cuestións. A primeira refírese a competencias directas que debe asumir Galicia para poder ser autosustentábel. Nalgúns casos sería necesario cambiar algún artigo da Constitución para asumir plenamente aspectos fundamentais para nós como son a investigación ou as obras públicas e desenvolver competencias que xa están transferidas pero nas que Galicia non conta con soberanía real como é o caso da pesca ou do medio ambiente. Por exemplo en Europa os problemas da nosa flota negóciaos o Goberno central dende unha perspectiva xeral e non dos afectados. Vese que cando un Conselleiro leva a carteira e asesora á Ministra de turno, o coñecemento máis profundo do asunto provoca unha mellora perceptíbel na capacidade de negociación. Por outra banda, no relatorio tamén fago fincapé nas políticas sectoriais e económicas que son fundamentais.
- A que se refire?
- O desenvolvemento sustentábel debe partir de dúas ideas básicas. En primeiro lugar, non podemos caer no erro de pensar que o desenvolvemento económico só consiste en instalar máis industrias e xerar empregos directos. En segundo lugar, non se pode pensar que a contaminación e o medio ambiente son cuestións de peaxe que hai que ir racionalizando porque sae caro. O exemplo máis claro é a polémica de Ence. Cando unha empresa se instala nun territorio non só hai que valorar cal é a súa conta de resultados, senón a cantas persoas beneficia, a cantas prexudica e canto se deixa de gañar en xeral.
- Pode pasar Galicia de ser un país de economía primaria a un de economía terciaria sen pasar por un desenvolvemento extenso do sector industrial tal e como se entendeu tradicionalmente?
- A industrialización non se pode entender en sentido restritivo, senón que en xeral é a xeración de tecido produtivo. En Galicia é posíbel desenvolver este tecido baixo as premisas do desenvolvemento sustentábel. Esta é unha tendencia no mundo occidental e non podemos quedar á marxe. O que temos que facer é un estudo de perspectiva que nos diga, cos recursos que temos, en que debemos especializarnos para competir no futuro a nivel mundial. Cómpre elaborar planos en cada un dos sectores, como a pesca, a gandería, a enerxía, etc. Dende o punto de vista do desenvolvemento sustentábel temos que saber onde podemos ser punteiros e escoller o que nos interesa. O exemplo de éxito económico en Europa e no mundo non está vencellado na actualidade a grandes potencias, senón a pequenos países que definiron os sectores polos que querían tirar e apostaron por eles. Aí están os exemplos de Finlandia, Dinamarca ou Irlanda.
- Cales considera que poden ser os sectores estratéxicos polos que debe apostar Galicia?
- Evidentemente o máis interesante para a cultura da sustentabilidade e rendíbel sería o campo das novas tecnoloxías. O noso interrogante é saber en que medida estamos capacitados para xerar empresas de base tecnolóxica, especialmente relacionadas coas telecomunicacións. No sector tecnolóxico de abastecemento industrial tamén temos moito que dicir. O exemplo máis claro sería nestes momentos o mundo da automoción. O que acontece é que debemos de cambiar a nosa percepción de considerarnos a sede de algo, para pasar a ser o centro neurálxico. Para iso hai que investir moito máis en I+D+I. Un terceiro aspecto consistiría en desenvolver o potencial ambiental que temos. Por exemplo, as rías son zonas produtivas privilexiadas das que aínda non se aproveitou toda a potencialidade. A mellor forma de protexer estes espazos naturais é convertelas en lugares de alta produtividade económica. Para iso habería que facer unha especie de concentración parcelaria no mar coa fin de facer extensiva a acuicultura e outros xeitos de marisqueo e pesca. Se non se ten unha especial protección sobre este espazo é moi probábel que sexa tomado por multinacionais e polo tanto os beneficios dos recursos creados co noso patrimonio non redundaría na súa maior parte en Galicia. Por iso non comparto a idea dos que apostan por non tocar ás Rías. Penso que hai que incluílas na cultura da sustentabilidade xa que van ser básicas no futuro para a produción de riqueza. Ao exemplo das rías tamén podería engadírselle o do potenciamento da biotecnoloxía ou a ecoeconomía, que consistiría en potenciar o consumo ecolóxico implantando novos cultivos como plantas mediciñais, et
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario