sábado, 12 de abril de 2008

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN




XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

«...y no hallé cosa en que poner los ojos...»
OUEVEDO

Terra de proseguir e non dar nada,
despaciosa Galicia que nos levas
acochados en ti!. Lento veleno
que pon nos ollos unha cousa verde.
Lingoa que me enche a boca enteiramente
e coma un rio interno me asolaga.
Ouero decir teu nome e digo apenas
xente de terra, homes lentamente
ún por ún devocendo e sendo nada.
Galicia coma un rio que se estiña
terra de esmorecer, patria do vento
Ouero decir teu nome e digo dorna
valeira, merqullada dorna negra,
grande arado sen bois, feira sen xente,
noite que ven, enorme noite fria...

Quixera alzar meu canto coma un puño
e pór na miña voz teu nome erqueito
pero non hai ninguén para escoltarme

No hay comentarios: