lunes, 7 de abril de 2008

ESTUDO DO PORTO


Santi Domínguez propón que o debate sobre o estudo do Porto se abra aos tres grupos municipais

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, solicitou formalmente hoxe no pleno da corporación que o alcalde convoque aos tres grupos políticos con representación na corporación municipal para analizar conxuntamente o estudo de desenvolvemento portuario presentado a semana pasada polo presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Paz. Salientou que, independentemente das posicións que ten cada formación, “é importante que o proceso de estudo e discusión o levemos adiante como corporación municipal, e si é posible acadar un consenso mellor”.

Santi Domínguez fixo fincapé en que o futuro do Porto é “un asunto vital para o desenvolvemento da cidade, como tamén o é a preservación do noso maior tesouro, que é a Ría”. Por iso, defendeu a necesidade de que cando a Autoridade Portuaria remita ao Concello de Vigo toda a documentación se lle traslade a todos os grupos e se convoque unha comisión para establecer os pasos a seguir. A proposta foi recollida polo alcalde, que se comprometu a facer chegar o estudo a todas as formacións en canto chegue

No hay comentarios: