miércoles, 8 de diciembre de 2010

MANUEL MOLDES


Manuel Rodríguez Moldes, nado en Pontevedra en 1949, coñecido como Manuel Moldes, é un pintor galego.

Empezou a debuxar de moi novo. En 1968 trasládase a Madrid, para cursar a carreira de arquitectura técnica, que abandonou dous anos despois. Asistiu, tamén, ás clases de forxa na Escola de Artes e Oficios. Estudia Belas Artes na Facultade de Cuenca. Desde 1995 é Profesor de Debuxo na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. No 2005 é nomeado Académico de Número da Real Academia Galega de Belas Artes.

Realizou a súa primeira exposición individual en 1970, en Pontevedra, e participou nas colectivas da Praza da Princesa en Vigo, onde conseguiu unha bolsa de estudos. Seguiu co seu traballo con exposicións en diversas cidades de España. En 1980 vincúlase ao movemento renovador do Grupo Atlántica. Participou en bienais provinciais; na de Pontevedra en 1990, conseguiu o máximo galardón.

A súa obra figura en museos provinciais de Galicia, en institucións e colecciónes particulares de España e do estranxeiro. Moldes é un neorrealista de raíz impresionista, cun debuxo rigoroso, en apariencia esquemático, aínda que en realidade moi barroco. Nas súas escenas existe un afán anunciador, case panfletario e acostuma traballar en grandes tamaños.

Wikipedia en galego.

No hay comentarios: