miércoles, 26 de marzo de 2008

IMOS TER TREN CHUCHU?



Turismo, Comercio e Emprego
26/03/2008
O tenente de alcalde e o director de Vitrasa acordan potenciar o bus turístico na temporada de verán

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o director da concesionaria de transporte urbano Vitrasa, Juan Carlos Villarino, acordaron potenciar o autobús turístico e “incorporar novidades de cara á nova tempada de verán”, segundo informou este mércores o tenente de alcalde ao término da reunión que mantiveron en dependencias da Tenencia de Alcaldía. Entre as novidades citadas por Santi Domínguez para potenciar a utilización do bus turístico figura a posibilidade de que este servizo poda ser utilizado por grupos organizados.

“A entrevista estivo centrada nos temas turísticos”, salientou o tenente de alcalde, quen engadiu que no encontro trataron a cuestión de como atender o fluxo de pasaxeiros que chega Vigo nos cruceiros. Precisamente este ano a cidade de Vigo batirá o seu propio récord, ao ter previsto recibir máis de 200.000 cruceiristas nos 114 trasatlánticos que atracarán no porto vigués ao longo do ano. Neste sentido, o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo considera que é preciso ofrecer a mellor atención posible aos visitantes que chegan á cidade.
Co obxectivo de que Vigo conte con novos atractivos para os turistas, Santi Domínguez comentou tamén a posibilidade de contar cun tren turístico, de xeito que se ampliaría “os modos de visitar a cidade” e sinalou que nas próximas semanas manterán unha reunión para profundizar nestas cuestións.

No hay comentarios: