miércoles, 26 de marzo de 2008

REORDENACION PORTUARIA


Santi Domínguez asegura que o BNG aterase ao pacto de goberno en relación á reordenación portuaria

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este mércores que o pacto asinado entre BNG e PSOE para a constitución do goberno da cidade deixou claro cales son os criterios sobre a ordenación portuaria. Deste xeito respostaba ás preguntas dos xornalistas sobor das informacións que estes días se teñen publicado nos medios de comunicación sobre os plans de reordenación da Autoridade Portuaria.

Santi Domínguez explicou que o goberno de Vigo expresará a súa postura “solidaria e conxunta“sobre a ampliación prevista pola Autoridade Portuaria, tal e como establece a pacto asinado entre BNG e PSOE. De todas formas, precisou que calquera decisión se adoptará tras coñecer oficialmente cal é a proposta da Autoridade Portuaria, que ata o momento descoñece.
Santi Domínguez explicou, ademais, que onte martes recibiu unha chamada do presidente da Autoridade Portuaria na que Jesús Paz lle transmitíu a súa intención de manter unha reunión conxunta. Tras esta xuntanza, o tenente de alcalde adiantou que manterá un encontro co seu grupo municipal para comunicarlle as intencións do presidente portuario, “pero non falarei ata entonces”, subliñou o tenente de alcalde, quen afirmou que en materia de Autoridade Portuaria “o pacto é explícito e sempre actuaremos en base ao pactado

No hay comentarios: